viernes, 11 de agosto de 2017

Tíñaas todas: manipulador trapalleiro e mentireiro!

O pasado mes de maios saíron á luz pública unhas denuncias da Unidad Central Operativa (U.C.O.) que vinculan a políticos do PP con amaños de contratos, estando en voga o efectuado contra a presidenta da Comunidade de Madrid: A UCO pide investigar a Cristina Cifuentes por prevaricación e suborno

O Instituto Armado e o xuíz Eloy Velasco investigan á actual presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes, por suposta incompatibilidade na adxudicación do contrato da cafetería da Asemblea de Madrid.

Hai uns meses coincidín na carpa do posto de polbo á feira sita en San Lázaro co veciño Humberto, un dos comuneiros que o expresidente cita sibilinamente na acta que adxunto, como construtor e non como comuneiro que era (co fin de restarlle valor ás súas intervencións). Acta redactada incomprensiblemente por el, demos en falar do acontecido aquel 13 de maio de 2007, argumentándome que se ese día os comuneiros "apertasen" un pouco ao expresidente, exvicepresidente e extesoureiro veríanse obrigados a dimitir, polo que podería seguir eu de secretario. O que non sabía nin el nin eu, nin tódolos presentes era que xa tiñan amañado o contrato do local a pesar de que tal é como consta en actas anteriores expuxen publicamente as miñas dúbidas de non efectuarse unha nova poxa ao varialo proxecto na súa integridade.

As miña sospeitas fóronme confirmadas a través dun correo electrónico dirixido á ORGACCMM, mais o expresidente, primeiro ante os vogais e logo ante os comuneiros restoulle validez (curiosamente agora ocupa un "carguiño"na citada organización), conseguindo que algunhas comuneiras me acusasen de paralizar xa no ano 1994 a construción do local por estar en contra daquela Xunta Reitora (PP)e que agora tamén estaba en contra dos meus a pesar de militar no mesmo partido (BNG). Esa é clase de xente que non sabe distinguir a política dun dereito e da que tanto se aproveitan os políticos, sobre todo cando tocan o poder.

Este tipo de barullos foron aproveitados por esa xente para poñer aos comuneiros na miña contra valéndose da incomprensión dos dereitos que como comuneiros asísteos a reclamar información e documentos, que, no meu caso e no de outros por unha simple acta cobróusenos 5.000 Ptas.

Até onde chegan os meus coñecementos para ter dereito a unha subvención hai que solicitala antes de pórse mans á obra, neste caso á vista da foto que achego na cabeceira parece que se fixo todo do revés. Sería porque había presa de cara ás eleccións municipais que se botaban enriba ese ano?

Copia engadida ás 18:29
No ano 1994, a Xunta Reitora que "manexaba" por aquel entón a Comunidade, si que solicitara unha á Deputación, mais nunca fixeron o intento de comezar porque antes preferiron repartir os máis e 50 millóns e ao quedar sen cartos non puideron facer nada esa é a verdade e non que eu paralizara nada, porque non son xuíz nin político e aínda que o expresidente non o reflectise na acta, ese día volvéuseme a botar a culpa de todo. ¿Como se pode acusarme de paralizar algo que nin aquela xente, nin os que nos precederon comezaran?