lunes, 23 de abril de 2012

Predicar no deserto

Tralo desastre do 2006, cumpría que comuneiros e directivos nos sentásemos a falar coloquialmente e reconsiderar se queríamos seguir cos monocultivos de eucaliptos e pinos, ou abrir novos frontes con madeiras moito máis nobres e puxantes (castaño, carballo, nogueira, cerdeira, etc) e incluso facer un estudo de viabilidade para poder producir castaña. Se non fai tantos anos As Gavias era unha zona de moita produción, por que no podía ser agora tamén?

Pero non, séguese coa mesma política que tanto criticaba algún antes e despois de gañaremos as eleccións na comunidade e que incluso sacaba sempre a relucir nas reunións que tiñamos coa Mancomunidade de Montes Serra da Barbanza e nas Consellerías que visitabamos. Seis anos despois seguimos pagando por plantar pinos, cando todos sabemos perfectamente que nalgunhas zonas onde se repoboou nin tan sequera facía falla.

Os trocos que preconizaba nese mesmo ano o amigo e compañeiro Milucho «Emilio López», co que tantas veces me xuntei no Parlamento de Galiza para tratar a titulo particular temas relacionados coa comunidade, en Nebra non houbo ningún interese en facelos realidade.

Aínda que non teña nada que ver co tema, tralo seu paso pola Xunta e posterior perda do poder do bipartito, pasoulle un pouco as miñas: o seu partido non se portou moi ben con el.
O delegado provincial da Consellería de Medio Rural, o nacionalista Emilio López Pérez, achegouse onte a Viveiro para falar das políticas que este departamento está a por en marcha. A súa visita é unha mostra da importancia que ten o rural na Mariña luguesa, segundo el mesmo recoñeceu.

-Comecemos polos montes en man común.

-Na Mariña xa hai unha masa forestal importantísima, maiormente de eucalipto. É imprescindible buscar unha mellor organización dos veciños e un maior aproveitamento da produción forestal. Hai que preocuparse da selvicultura porque as árbores necesitan un tratamento. E tamén a labor preventiva e de vixilancia polo perigo de incendios, e lograr a implicación da poboación nesta defensa do monte. O aproveitamento da biomasa tamén é importante.

-Que facemos co monocultivo do eucalipto?

-Tódalas árbores teñen cabida, pero estamos especialmente preocupados polo baixo prezo da madeira de eucalipto, hai que ir cambiando a madeira nobre, que ten moitísimo valor. Estamos cos plans de aproveitamento do castiñeiro. Xa se está vendo un cambio radical na Consellería.

-Que hai das concentracións parcelarias?

-Trabada é o Concello no que máis se ten invertido e este ano vai ser igual. Vamos cambiar a política porque custaba máis a concentración que a terra; vaise facer unha ordenación do monte, pero non moitas infraestructuras, que ás veces son prexudiciais porque se mistura monte con labradío. Temos un problema, hai moitas concentracións solicitadas e comprometidas polo anterior Goberno, que requiren unha inxección económica enorme.


-A horticultura está algo abandonada na zona.

-Abriuse a lonxa de Lourenzá, que estaba pechada, e vaise promover a concentración de varias parroquias de Mondoñedo, que levaba 18 anos parada. En Viveiro hai xente interesada na produción de mazá e imos falar diso (na charla de onte).

-O sector agrogandeiro.

-Ao contrario do que pode parecer o rural é moi importante na Mariña. Hai produción gandeira cabalar, vacún e ovina; e plantacións que noutros lugar non se dan polo clima.

Fonte orixinal: La Voz de Galicia

No hay comentarios: