sábado, 12 de mayo de 2012

Asemblea 13 de maio


Á vista do vídeo que pillei de Canal 27 TV, máis que escribir sobre a orde do día de mañá, téñome que referir tamén a esa rolda de prensa que xunto coa portavoz do BNG no concello de Porto do Son, dou o presidente da comunidade, xa que nas súas declaracións xunto co engadido na convocatoria, ben a dicilo mesmo. Xa paso por alto que de novo non se nos entregou a convocatoria no prazo estipulado: debésenos convocar e entregala, como mínimo, 10 días antes da celebración da asemblea.

Comeza lembrándonos, unha vez máis, que todas as voces teñen peso: a asemblea é fundamental. Para ser fundamentais moitas ao ano non celebramos, só convoca a que esta obrigado por imperativo legal: a ordinaria. Sen embargo noutros tempos, cando uns comuneiros andabamos preocupados polo futuro da comunidade e recolliamos sinaturas para solicitalas extraordinarias, aí si que estaba en que si se tiñan que convocar. O único que trocou daquela a hoxe, era que de ser un simple comuneiro, agora é o presidente!!!

Xa meténdonos en camisas de once varas, decatándose do malestar que esta a causar a intención do Concello de meternos o polígono industrial en Nebra, que iría pegado ás casas e a carón de fontes e arquetas de auga, das que nos servimos os veciños, e tendo coñecemento de que algúns recolleron sinaturas -foi dos últimos en asinar-, tiña que haber convocado unha extraordinaria XA. Con esta información privilexiada, máis a do Concello, tíñaa que facer días despois de aprobarse o PXOM no pleno, non agora que faltan días para rematalo prazo para presentalas alegacións. Para iso a Lei de Montes, aínda en vigor, e máis os estatutos, contemplan esa posibilidade. As asembleas ordinarias, xa o di a lei, teñen outra finalidade. De aprobarse en xaneiro, xa nin debate teríamos!!!

Para a xente que non sodes de Nebra e leades a convocatoria, tanto por este medio, coma no taboleiro do Concello, teredes unha distorsión ben diferente da verdade. Mentres el segue insistindo que as reunións dos sábados son de moito interese, a parte de que cando me coincide pasar por alí, vexo que non están sempre, e noutras ocasións, observo a nula presencia de comuneiros, eu iso sigo nas miñas. Tanto esas reunións -das que fun precursor-, como as da taberna, legalmente non poden decidilo futuro da comunidade, salvo que no primeiro caso, sexan no seo da Xunta Reitora, pero ata un certo límite.

Xa entrando de cheo no "pelotazo" -termo que non acepta o galego- escoitarllo na televisión e léelo na orde do día, faime lembrar a cacicada de cando coma máximo responsable da comunidade autorizou a Medio Rural a atravesalas propiedades de varios veciños con esta pista. Por iso entendo, aínda que non estea relacionado, este comentario en El Correo Gallego dun veciño afectado pola variante de Noia e pola tardanza da Xunta en pagarlles polas expropiacións. O noso caso foi moito peor, porque aquel bigoberno, coa súa complicidade, exerceu un abuso de autoridade.

Neste caso, vendo a preocupación de moitos veciños que poden quedar sen a súa propiedade, supoño que tentando pescar en río revolto, queren facérselle os valedores, demostrando claramente que segundo que partido estea no poder, considérannos de primeira ou de segunda. Cando lles comuniquei na asemblea local a rocambolesca historia da pista, houbo quen chegou a dicirme que non fora para tanto. Dubido que nas súas comunidades baixo a súa responsabilidade, fagan o mesmo.

Aqueles agros non valerían unha millonada, pero tiñan dono e nin sequera se-lles chegou a pagar pouco, preocupación que agora con esta xente si aparentan ter, tal vez porque saben que hai máis de 200 sinaturas. Como teño dito noutras entradas do anterior blog, meu pai e eses veciños, agora pagan contribución por un cacho de agro e por unha pista, da que non obteñen beneficios e que agora, nin é deles.

Por outra parte isto que vou expoñer, igual se podería considerar pelotazo

Adxudicación do local da comunidade mediante poxa pública: 91.348,04 €. Como o presidente antepuxo o carro diante dos bois, a pesar da miña insistencia nos pasos a seguir, tivo que anulalo proxecto e retomar un novo.

En vez de seguilo protocolo que fixeramos antes, segundo el porque eran cousas que me gustaba min, pero non a el, decide adxudicalo directamente ao mesmo construtor, tratando exclusivamente con el o custo da obra (Sic). Non teño constancia, baseándome nas convocatorias, de que presentase o contrato para que fose ratificado polos comuneiros. Algo ao que tamén estaba obrigado a facer.

Relación de pagos do local que tivo a ben entregarme a Xestoría:
Ano 2007 - 89.002,64 €
Ano 2008 - 42.632,18 €
Ano 2009 - 2.709,76 €
Total 134.344,64 €
A todo isto teño que dicir, que mentres o anterior presuposto contemplaba a inclusión de fontanería, electricidade e carpintería, estes pagos só reflicten os do construtor. Así vemos que no estado de contas do 2010, ben reflectido outro pago sen especificar, a unha empresa de electricidade e fontanería por un importe de 977,44 €.

Segundo este datos, o presidente adxudicou directamente unha obra que aumentou a súa contía en 42.996,60 €. Isto sen contar eses gastos a maiores. Cantas comunidades de montes adxudicaron obras por ese valor, sen ser en poxa pública? Acaso no resto de comunidades o presidente trata exclusivamente os presuposto co construtor? Construtor, neste caso ao que excluíu da polémica, xa que ao fin e ao cabo, el miraba pola empresa.

Cartafol coa documentación da poxa do local cando era o secretario (PDF):

Con respecto aos demais puntos pouco máis que comentar. Son partidario da construción dos peches gandeiros, porque foi outra das miñas teimas dende a directiva e xa antes, porque nunca concibín o futuro do monte sen a labor que desenrolan os animais nel. Mais o que non se pode é actuar como se fixo ata agora, metendo animais de xente que non era comuneira, nin veciños. Todo isto sen coñecemento e polo tanto, aprobación dos comuneiros e por riba, descoñecendo as prestacións que houbo, ou se só se actuou por amizade, como se o monte pertencesen exclusivamente do directivo de quenda.

Sobre a intención de levar porcos ao monte, despois da experiencia que vivimos algúns con dous, agardo que para comunidade non sexa tan fúrela, aínda que neste caso doeríanos menos. O único que digo é que van necesitar comer algo máis que terceilla.

Neste caso concreto descoñezo porque se vincula a comunidade coa Asociación de Criadores de Ganado Porcino Celta (asoporcel).


Apunte engadido ás 23:11. Tuit do alcalde de Noia, Rafael Guerrero, na súa conta de Twitter @rafaelguerrero

Despois de 23 meses e 3 semanas a Xunta vai pagar aos últimos expropiados polo Corredor Brion-Noia

Parabéns para os prexudicados, outros, como ben digo aquí, non teñen esa sorte. Iso si, non vou contalo meses e semanas que aconteceu aquilo, baixo o goberno do seu compañeiro.

Engadido publicado o 20 de xuño.
Parece que foi suprimido o vídeo, pero un sempre é previsor.

No hay comentarios: