martes, 5 de junio de 2012

Día Mundial do Medio Ambiente


A natureza é o máis fermoso que creou Deus, a maldade da humanidade é o máis estúpido que estamos fabricando.

Cando alguén me felicita polas fotos que colgo en Internet, sempre contesto con esta frase: a maior parte do mérito é da natureza. A magoa é que demasiadas veces, como xa teño publicado noutras fotos non tan eloxiables, hai moita xente que trata sempre de pórlle trancas.

Canta razón hai nesta frase de Stephen Hawking: "O perigo radica en que o noso poder para danar ou destruír o medio ambiente, aumenta a moita maior velocidade que a nosa sabedoría no uso dese poder".

A esta xente que acostuma a tirar refugallos de obras e outro tipo de vasoiras no noso monte, ás veces tamén nos privados, diríalle que lembren este vello refrán indio: "A Terra non é unha herdanza dos nosos pais, se non un préstamo dos nosos fillos". Para saber do que estou falando teñen que miralas catro últimas fotos, da xeira adicada a...
O Día Mundial do Medio Ambiente celébrase cada 5 de xuño desde 1972. Este día foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 2994 (XXVII) do 15 de decembro de 1972, coa que se iniciou a Conferencia de Estocolmo co Medio Humano coma tema principal. Ese mesmo día, a Asemblea Xeral da ONU aprobou a creación do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).

Poderíase dicir que o Día Mundial do Medio Ambiente é un vehículo polo que a Organización de Nacións Unidas sensibiliza a opinión mundial en relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción política e co obxectivo principal de darlle un contexto humano, motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo; promover o papel fundamental das comunidade no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.

O Día mundial do Medio Ambiente é un evento no que se realizan múltiples actividades: concentracións en rúas, concertos ecolóxicos, ensaios e competencias en escolas, plantacións de árbores, campañas de reciclaxe e de limpeza, entre outras. En moitos países esta celebración é unha oportunidade de asinar ou ratificar convenios internacionais e, algunhas veces, establecer estruturas gobernamentais permanentes relacionadas co manexo ambiental e a planificación económica.

Fonte: wikipedia
Día Mundial do Medio Ambiente

No hay comentarios: