lunes, 4 de junio de 2012

Dúbidas dos comuneiros sobre o "negocio" cos porcos


Falando onte con un comuneiro "de feito xa mo preguntaran antes outros", preguntábame se cría na viabilidade do porco celta proposto polo presidente. Díxenlle que todo dependía, que primeiro había que saber se de novo non era un "buf", como aconteceu coa industria do toxo e despois, que se se facía con "sentidiño", por que non podía ser viable? Gardeime para min o de contarlle a miña experiencia con un par de porcos ibéricos...

A verdade é que son un pouco escéptico, á vista da cantidade de ideas e proxectos que tiñamos cando decidira dalo paso de presentar aquela nefasta candidatura, da que finalmente fun expulsado ó máis puro estilo ditatorial. Lembro por exemplo, que unha das idea era crear unha brigada "legal" como tiñan en Baroña, para vender leña e manter o monte limpo. Si, despois da miña saída crearon uns postos "a dedo" sen ser aprobado pola asemblea xeral, que logo polo visto non resultou rendible, pero os gastos como saíron do monte maior, e eles, xa digo, a pesar de que os comuneiros non a habíamos aprobado, como teñen a "chave dos cartos", pagaron e san se acabou. Noutra comunidade, con comuneiros e comuneiras que se fixesen respectar, igual tiñan que pagalos do seu peto.

De crearse este "negocio" o tema non vai ser un camiño de rosas. Serva de exemplo o que lles levou madurala idea nesta vila e cantos colectivos e xente hai implicados. Lembro tamén, que fai anos a dirixente dunha comunidade de montes veciña xa tiña previsto esta idea nos seus montes, e non sei o por que, pero non a levou avante.
Faro de Vigo: O Barco porá en marcha unha granxa para producir porco celta

A Asociación de Porco Celta San Fiz, de Éntoma, e o Inorde asinarán nuns días un convenio para a posta en marcha dunha granxa de explotación de porco celta en O Barco. Precisamente nunha reunión celebrada onte neste concello entre representantes de ambas as institucións e o alcalde, Alfredo García, marcáronse as xestións que se realizarán a partir de agora para pór en marcha o proxecto, así como os prazos para o seu cumprimento.

O convenio asinarase nun prazo de dúas semanas, e os primeiros animais da futura granxa estarán en Éntoma en aproximadamente mes e medio.

A creación desta explotación é un proxecto que se xestionou desde o Concello de O Barco, e que por fin converteuse en realidade tras varios anos de contactos con diferentes entidades, organismos e posibles produtores interesados en incorporarse a este proxecto. No caso concreto deste proxecto, empezou a fraguarse hai un ano cunha visita de veciños de Entoma, xestionada polo concello, á Deputación e a unha explotación situada en Beariz.

Tras esta visita, unha trintena de residentes en Entoma decidiron constituír unha asociación, cuxos trámites están xa terminados, para pór en marcha a explotación.

Na reunión de onte, ademais de acordarse a firma do convenio, estableceuse que en aproximadamente nun mes e medio chegarán a O Barco as catro primeiras porcas de porco celta, xa preñadas, para iniciar o proxecto. Tres meses despois, unha vez prodúzanse os primeiros partos, recibiranse outras catro porcas femias, tamén preñadas, e o primeiro "berraco". A partir de aí, continuarase coa explotación, xa cun bo número de animais na explotación.

Os veciños de Entoma, encabezados polo presidente da Asociación de Montes, Roberto Arias, e o pedáneo, José Urdangaray, contarán cunha superficie de monte de máis de 160 hectáreas, cuxas características son adecuadas para que os porcos pastoreen ao aire libre.

No caso deste tipo de gando, os animais deben ter máis dun ano de crianza antes do sacrificio, polo que en 2013, cando se empezo a comercializar, deberá contarse xa cunha boa cantidade de porcos na explotación.

Alfredo García mostrouse satisfeito porque, por fin, logrouse levar adiante un proxecto no que se traballou durante anos desde o concello. "E espero que isto só sexa o principio; a idea é que non só se críen porcos, senón que se cre unha industria de embutidos, na que leve a cabo toda a transformación e que sirva, en definitiva, para que o valor engadido da explotación quede en O Barco e que se cren postos de traballo".

Trátase, na súa opinión, "dunha moi boa alternativa, por canto permite crear riqueza para o municipio, e faise ademais nunha zona onde o monte non está a ser aproveitado". Engade o rexedor que o concello tamén está a traballar noutros proxectos, tamén relacionados coa agricultura e a gandaría, que poderían ser unha alternativa de futuro.

No hay comentarios: