viernes, 8 de junio de 2012

O que cala outorga

http://orgaccmm.blogaliza.org
Mañá é o día chamados a manifestarse para esixir unha Lei de Montes que, entre outras cousas, nos respecte coma comuneiros e comuneiras e ao mesmo tempo, loitar polos dereitos ancestrais que acadou moita xente que xa non está entre nós. Aquí na bisbarra podería lembrar a Miguel da Gafa.

Segundo puiden albiscar onte na porta do local, nunha nota concisa e apenas visible, pegada sobre un cartel coma este, comunicase que un autobús fretado pola Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común “Serra do Barbanza”, fará a súa parada no Empalme de Nebra, para recoller á xente que decida acudir á manifestación. Tan concisa é que nin pon a hora.

Aínda que por motivos familiares de última hora non me é posible concorrer, e iso que tiña todo planeado e levo varios días publicando no outro blogue toda información que me chegaba, ao contrario do que aconteceu noutras manifestacións que coma comuneiro por Nebra só acudía eu, desta vez auguro máis presenza. Será un pouco incoherente, xa que neste tipo de reclamacións ten o mesmo valor a presenza dun directivo que a dun comuneiro.

Como incongruente será ver coincidir na mesma manifestación a directivos que non respectan aos comuneiros e comuneiras, non falo só de Nebra, por desgraza hai máis, e a políticos que, usurparon terreos privados para cruzarllos con unha pista, non protexendo esas propiedades dos intereses especulativos dalgúns directivos Efectivamente, son dous puntos que se reclaman na convocatoria.

Pinchando sobre a ubicación poderán ollalas propiedades das que falo. A pista é a que parte desa intercesión e remata no río. Todo ese traxecto atravesou agros privados. O punto sinala a propiedade de meu pai.

No hay comentarios: