lunes, 27 de agosto de 2012

O gato de escaldado até a auga fría tenlle medo

Entregada o sábado 25 de agosto
Xúrolles que agardaba que na acta da asemblea celebrada o 13 de maio, ía vir reflectido que nela aprobamos levar porcos ao monte, e máis despois de que nas Xornadas de Historia celebradas recentemente na Casa de Cultura de O Son, o confirmase o integrante de ASOPORCEL que nos deu unha conferencia. Non obstante sigo mantendo o que dixen aquí, sobre o que realmente se debateu na asemblea, aínda que a acta agora reflicta o contrario.

Con todo iso paréceme sumamente interesante o proxecto, pero iso non quita que o que é branco, siga sendo branco, e o que é negro, siga sendo negro. Se se fixan na nota do presidente, no cuarto paragrafo, case é unha copia calcada do que escribín en dita entrada.

O máis curioso de todo isto é a distinta versión que se saca da manga con respecto á asemblea celebrada o 19 de xuño de 2011. Naquela como punto estrela levaba estudar dedicarnos a facer compost co toxo, e a pesar de que nese caso os comuneiros si aprobamos a súa proposta e quedara en convocar unha nova asemblea na que nos virían a "explicar polo miúdo, aclarar os detalles, e atender as moitas preguntas que seguramente tiñamos por facer", sobre o proxecto, o certo é que neste caso non acatou o acordo. Iso si, como xa dixen, a preguntas dunha comuneira da Igrexa por ese incumprimento, coidouse en asegurar que o deixaran morrer porque era moi custoso.

Agora a inversión non debe ser moito menos elevada cando se ve na obrigación de ter que afirmar de primeiro: "Convocamos esta asemblea extraordinaria porque a Comunidade Veciñal debe decidir se facermos, ou non, unha inversión importante", e de segundo: "mais debemos ser conscientes de que este proxecto non só supón un gasto inicial grande: supón tamén un compromiso de, cando menos, tres anos".

Até aquí todo ben, o que os comuneiros aprobedes por maioría, iso si, votando con papeletas, pola miña parte vai á misa, pero lembrade que cada un na súa casa fai o que lle peta. Estoume referindo claro está, ao penúltimo paragrafo do presidente na convocatoria.

Xa que por compromisos familiares non poderei acudir á asemblea, independentemente do que se aprobe, a todo isto digo, ASOPORCEL e a comunidade xa poden traer os porcos que queiran, pero na miña casa só entraran os que compre pola miña conta, xa sexan celtas (antigos gallegos e santiagueses) ou landrazos, adquiridos a particulares ou en granxas.

Aínda me dura a mala experiencia que tiven con dous porcos que non eran meus, para que volva a tropezar dúas veces seguidas coa mesma pedra. Todo o contrario con un cabalo fai moitos anos, a pesares de que me previron da miña decisión.

Xa meténdome noutro percal, tampouco quería destacar, nin é o asunto fundamental desta entrada, pero xa me gustaría saber en que asemblea se aprobou a edición do libro que se nos vai entregar, como si se fixo cando se editou outro escrito tamén polo mesmo autor, sendo presidente da comunidade aínda que xa deixara de exercer. Libro que supoño que vai recibir xente non comuneira, xa que nel tamén colaborou o Concello.

Se destaco a anécdota, é porque habendo unha acta no que se me recoñece o pago dos gastos por recuperala leira para a comunidade onde esta construído o local, aquela xunta reitora presidida por este veciño, sen haber impugnado dita acta en tempo e forma, preferiu pagarlle unha minuta ao avogado da parte demandada e perdedora, para que que lles fixese o paripé do que debería cobrar (sic), cando se sabe que ese cometido é potestade do xuíz.

Mais tamén agora este presidente, que tamén segue sen querer acatar esa acta, non ten inconveniente en acometer o gasto da edición de este libro, atribuíndose funcións que só corresponden a Asemblea Xeral, e como proba aí está o primeiro libro, que se se aprobou facelo foi grazas as intervencións naquela asemblea dun comuneiro de Cornido.

Sinto todo isto, pero o tempo é teimudo, e pon a cada un no seu lugar!!!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Que clase de negocio tiene la Junta Rectora o el presidente con los cerdos? Resulta sumamente sospechoso que mientras en mas de una asamblea dijo que no podía estar convocando asambleas por cualquier motivo, ahora no solo falta a su palabra, si no que convoca dos seguidas en menos de 15 días.
Prefiero omitir lo que pensaba escribir para que no se me censure mi comentario, pero que se atreva a decir: Con todo, la asamblea puede decidir que no llevemos a cabo este proyecto en Nebra, más, para si o para no, es fundamental que salgamos de casa y que la parroquia haga oír su voz cuando se habla de su futuro.
Miren ustedes quien habla de que salgamos de casa para hablar del futuro de la comunidad, el mismo que a la primera asamblea que se presentó fue para ser candidato a presidente y si salió elegido, todos sabemos a quien le debe ese favor. ¿Verdad señor bloguero?.

Paco do Martelo dijo...

Grazas por comentar, pero quixera facerlle dúas puntualizacións.

E verdade que xa pasaron uns anos e igual vostede non acudise, pero o presidente si que acudiu a algunha que outra asemblea anterior á súa elección, aínda que nalgunha tamén fose coa intención de optar a un cargo. Non é ningún segredo, porque aí están as actas para corroboralo.

Pode ser que da primeira candidatura me deba ese "favor"... da segunda, non son responsable de nada. Polo que esa insinuación agora non ten censo.