miércoles, 22 de agosto de 2012

Punto Limpo


Pouco a pouco o tan demandado Punto Limpo de Porto do Son comeza a coller forma, aínda que moito me temo que isto non vai ser a panacea contra os vertidos ilegais, sobre todo refugallos de obras, que é o que máis atopo polo monte e tamén, ollando páxinas de amigos por este medio, onde xa fai anos que desfrutan destes puntos.


Supoño que unha vez inaugurado e posto en marcha haberá unha maior vixilancia e control dos vertidos, pero como acontece con todos aqueles que pretenden delinquir, sempre van aproveitar para facelo ás horas máis intempestivas.

A carón dos contedores de Quintáns, outrora unha zona moi perigosa por todo o que aquí se depositaba, fai tempo que respiramos aliviados, en parte porque até fai uns días foi usado como deposito de area pola empresa que reparou a estrada AC-550, e porque a empresa que xestiona a recollida fai tempo que cumpre co seu cometido.

Isto foi depositado tal e como se esixe nas normas de conduta cívica a pasada noite, e pouco tempo despois de tomalas fotos, a citada empresa, como cada terceiro martes do mes, procedeu á súa retirada, tal é como é a súa obriga.


Os problemas agora parece que se dirixen a outros puntos.
La Voz de Galicia: O executivo sonense vese impotente para frear as verteduras incontroladas

Restos de refugallos de obras, tella de uralita altamente contaminante tirados na canteira propiedade da comunidade de montes.


Máis refugallos, neste caso tirados nunha propiedade privada. Descoñezo se foi o seu propietario e aínda séndoo, se isto se pode facer a carón do río de Queiro.



No hay comentarios: