miércoles, 3 de octubre de 2012

Con algo de atraso, pero benvido sexa

O atraso non só me refiro á data de finalización que reflicte o cartel, se non que, se algúns non lle puxeran trancas no camiño, xa poderíamos desfrutar desta infraestrutura tan precisa e demandada, como mínimo fai 3 anos.

Agora só agardar que unha vez posto en marcha nos volvamos un pouco máis cívicos, e respectemos algo máis a natureza. Descoñezo se por levar o material alí se nos vai cobrar algún tipo de cota, pero pensando xa na carga impositiva que temos, que non sexa moi gravosa, porque se non a xente igual segue coa súa practica delitiva.
La Voz de Galicia: As obras no punto limpo de Porto do Son concluirán a próxima semana

Segundo as previsións da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, as obras de construción do punto limpo de Porto do Son enfilan a recta final e, se non se producen contratempos, concluirán a próxima semana. Así mesmo, fontes da Administración autonómica sinalaron que se alcanzou un acordo co Concello para acometer o acondicionamento dos accesos ás novas instalacións.

A consellería asumirá a adecuación das inmediacións do punto limpo e a entrada ao recinto, mentres que o Concello sonense farase cargo da reparación de antiga estrada de Cans.

As instalacións, creadas no marco do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos, contaron cun investimento de preto de 300.000 euros.

No hay comentarios: