jueves, 13 de diciembre de 2012

Pioneiros non somos

Porcos celtas criados en soutos da montaña lucense
Definición de pioneiro: Persoa ou empresa que emprende unha nova actividade. Algunhas comunidades de montes lévannos certa vantaxe, entre elas a que visitamos en A Cañiza, mais tamén hai outras.
El Correo Gallego: Nebra, pioneira en cría de porco celtas no monte

A comunidade de montes de Nebra e a Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel) van pór en marcha unha iniciativa para criar o porco celta en extensivo nesa zona. O proxecto conta co apoio económico da Consellería de Medio Rural, cuxa titular, Rosa Quintana, ten previsto desprazarse mañá a Nebra para inaugurar esta explotación que ten carácter pioneiro. Os animais serán afeitos desde pequenos a comer a toque de sirena para que cando estean soltos no monte acudan ao soar esta alarma.

No hay comentarios: