lunes, 17 de diciembre de 2012

Rosa Quintana destacou hoxe en Nebra o potencial das explotacións de porcino en extensivo

http://www.27tv.es

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe en Nebra (Porto do Son) o potencial das explotacións de porcino en extensivo como unha clara opción na diversificación da actividade gandeira, favorecendo deste xeito a posibilidade de rendas complementarias neste ámbito e evitando o despoboamento no rural galego. A conselleira inaugurou o proxecto dun sistema de produción porcina celta no monte veciñal da Comunidade de Nebra e a Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel). Sendo este un proxecto pioneiro, é tamén dunha aposta por un estudo, polo que se pretende saber máis do comportamento destes animais de gran rusticidade. Con este fin levarán un colar cun sistema de gps que dará conta dos movementos dos animais.

No hay comentarios: