domingo, 28 de abril de 2013

Nin na última convocatoria é quen de cumprilo prazo!!!


Derradeiro domingo do mes de abril, atópome na caixa do correo a convocatoria da próxima asemblea a celebrar o próximo 5 de maio. Todo o mundo é consciente que de domingo a domingo van setes días, menos polo que se olla para o presidente. De aí que nos atopemos con outra convocatoria onde non cumpre o prazo de entrega ao que o obrigan os estatutos. Non conta a data na que a asina, se non, na que, se entrega ao derradeiro comuneiro. Non se trata dunha asemblea Extraordinaria, se non que, é a Ordinaria polo que neste caso non caben escusas.


Mala memoria ten esquecéndose de que, cando algúns exalcaldes incumprían ou o actual incumpre os prazos legais da convocatoria dos plenos, segundo o seu partido ben que se encargan de denuncialo na prensa. Pois aquí aínda que sexamos unha entidade menor, debese respectar a Lei, mais sobre todo aos comuneiros.

Outro incumprimento é que, até onde sei, ou así acontecía cando exercía de secretario era que o censo do ano en curso tíñase que aprobar no mes de xaneiro e entregalo na Consellería antes do primeiro de maio, polo que estariamos, se non trocou a normativa ante outro incumprimento legal.


Aznar tamén confiou en que o PP apoiase para a presidencia a Rajoy

É a primeira vez na Historia da Comunidade que, un presidente propón sibilinamente ao seu seu sucesor. Mais non é un problema que me preocupe, xa teño abondo co meu, só me limito a sinalalo como anécdota, porque pensei que isto só acontecía nos partido políticos, con Franco, e co expresidente da Deputación de Ourense.

Como non podía ser menos o «pupilo» tamén o invita a formar parte da súa Xunta Reitora. Os favores páganse con favores?

Discrepo en que nas asembleas se tomaron as decisións despois de escoitar a quen quixeran falar. O roubo -obsérvese que omito literalmente a verba presunto, polo que até podería ser demandado, mais non acontecerá tal cousa porque as probas están todas na súa contra e nos xestores da antiga Consellería do Medio Rural e do Distrito IV-, dunha parte do agro de Os balados de meu pai (q.e.p.d) para cruzarllo coa pista de marras, non foi aprobado pola Asemblea Xeral, e aínda que así fose, tratábase dunha propiedade privada e non de monte común.

2 comentarios:

Un veciño dijo...

Mérito tamén ten a primeira cita: Chegou o momento de facermos eleccións na Comunidade e na Xunta Rectora. Pensamos que chegou tamén o momento de cambiar ao presidente.
Aparte das grallas gramaticais dun profesor de Instituto. Permíteme aportar dous datos. As eleccións son cada catro anos, polo tanto é a súa obriga convocalas o que no entendo é que e diga que é a Xunta Reitora a que manifeste que chegou tamén o intre de trocar de presidente. ¿Acaso no están contentos con el? ¿Ou saben máis do que contan as súas costas?

Suso dijo...

¿Debédeslle algún favor a ese presidente ou ao seu partido? Pregunto porque noutras lexislaturas a pesar de que celebrabas máis ou menos asambleas cada certo tempo, ningún expresidente librou de que algúns comuneiros, entre eles ti, procurásedes firmas para esixirlles celebralas, chegando a facerlle manifestacións a un, boicoteándolle incluso o negocio familiar, e agora que polo que che leo, levades más de 13 meses sen celebrar unha, dáme que perdestes aquel espírito loitador. ¿Onde está a xente do PP ou do PSOE, xa que os apolíticos non vo movedes?