domingo, 12 de mayo de 2013

Non ve isto o Garda e o Distrito?


Na Asemblea Xeral celebrada o domingo 29 de xaneiro de 2006, autorizamos a escavacións Benito S.L. a depositar pedra procedente dun desmonte en Portosín na antiga canteira de Cadeiras. Logo da súa aprobación, como dixen aquí, ao tomarse o tesoureiro atribucións que non lle correspondía, recibín un toque de atención do Garda do Distrito, en realidade tiña que chamar ao presidente, mais se o fixo, igual non lle contestou ou como facía case sempre tiña o móbil apagado. Outra era que, nalgunha ocasión tenme coincidido ollar como o usaba para chamadas privadas que nada tiñan que ver coa Comunidade.

Naquela ocasión o Garda e logo o máximo responsable do Distrito ameazáronme con denunciarnos, tiñan toda razón, aínda que, como ben digo, sabían que habíamos aprobado o punto, máis os trámites burocráticos había que cumprilos.

Cal non seria hoxe a miña sorpresa descubrir que, nesta zona estase depositando restos agrícolas, pero o que é peor, tamén entullos procedentes de obras mesturados con diversos elementos: «plásticos, botellas de cristal, de plástico, calzado, et». Posto que non lembro que a Asemblea Xeral autorizase isto, algúns materias xa levan tempo aí, máis o da 3ª foto é moi recente, entendo que os responsables da Comunidade, son consentidores deste despropósito.

Quen supoño que non pode estar ao tanto é o Garda e o Distrito, porque entón non entendería que daquela me ameazasen, aínda sabendo que aprobaramos aquel deposito «limpo», nada comparado con este contaminante e agora calen.


No hay comentarios: