lunes, 13 de mayo de 2013

Se isto é unha acta, que veña Deus e a vexa!!!

Resumo da acta do 15 de setembro de 2012
Despois de saudar a tódolos asistentes, agradécelles o presidente a súa presencia, xa que reunir o quórum suficiente é de suma importante para poder tomar as mellores decisións que nos pareza a todos para o futuro da nosa Parroquia.

A continuación dá paso ao 1º punto da orde do día, procedendo o secretario a dar lectura a acta anterior, trala cal, e sen que ninguén engada nada en contra, dáse esta por aprobada, pasando xa ao 2º punto. Intervén aquí o coordinador Xeral de ASOPORCEL José Antonio Carril, explicando con fotos e comentarios como sería o proxecto de ceba de porcos celtas nos montes da nosa Comunidade.
A pesares de sufrir unha paralice cerebral, ter lagoas na memoria e pasar 8 meses, lembro perfectamente que nesta asemblea o señor José Antonio Carril, non estivo presente, polo tanto dificilmente puido explicarnos nada do que reflicte o secretario.
Fai unha ampla exposición informativa do traballo que farían os porcos no monte, da riqueza da súa carne e tamén informa da duración do proxecto, que seria un mínimo de tres anos; do seu custo, é que tamén participaría a Xunta de Galicia, a Comunidade de Montes de Nebra, a Universidade de Santiago de Compostela e CETECA.

Rematada a intervención (na que respecto ao seu custo aludiu ás cantidades totais do proxecto) comentamos na asemblea máis polo miúdo as cantidades que lle correspondería aportar á nosa Comunidade, así como os pros e os contras que nos podería supor tal proxecto.
Que cifras se comentaron máis polo miúdo? Canto lle corresponde aportar á Comunidade? Cales eran os pros e contra? Todos eses datos tiñan que constar na acta, non só pola mala memoria que se albisca na xente, se non que, os comuneiros e comuneiras que non puideron asistir a asemblea teñen dereito a coñecelos.
Fanse varios comentarios entre os asistentes, ao remate dos cales decidise levar a cabo unha votación.
Por que este afán de menosprezar, silenciar e censurar as intervencións dos comuneiros asistentes? Alguén se imaxina a reacción dos edís do BNG e compañeiros do presidente, se nas actas dos Plenos, a pesares de gravarse en soporte dixital, non se recollesen as súas intervencións? En máis dunha ocasión fun testemuña das queixas e protestas, xa que a razón estaba da súa parte. Máis ollando isto, está visto que todo depende de quen teña a tixola polo mango.
Despois de facela votación, o reconto de votos dou o seguinte resultado:

Votos a favor 55
Votos en contra 12
Votos en branco 2
Votos nulos 3
Non me cadran as contas: se mal non lembro, cando se aprobou o censo en maio de 2012, pareceume escoitar que, o quórum quedaba establecido en 79 comuneiros, segundo estes datos se só votaron 72, quere dicir que o presidente e o secretario xa mentiron nada máis comezala Asemblea, e iso que a comezaron con 25 minutos de atraso sobre a hora prevista, precisamente por esa falta de quórum. Se os datos que aporto son fiables, aprobar este punto foi presuntamente un acto irregular e ilegal, no que non caben escusas posibles: ignorantia juris non excusat

Obviando xa a falsidade clara e incuestionable da acta, para que a Asemblea fose legal os comuneiros censados tíñamos que ser só 240 e paréceme unha cifra moi baixa. Na nosa Comunidade para aprobar calquera acordo, require a presenza do 30% do censo de comuneiros, non do 25% como xa ten insinuado o presidente.

Desde o ano 1991, salvo cando por razóns de traballo, estaba emigrado, asistín a innumerables asembleas. Hai poucos comuneiros e comuneiras que poidan presumir disto, dándose o paradoxo de que, algúns só acudiron cando presentaban a súa candidatura e despois de ser elixidos reitores, ou non, desapareceron.

Tantas asembleas deu para un sen fin de anécdotas, curiosidades e falsidades na redaccións de actas levantadas en dúas lexislaturas por comuneiros vinculados co PP, e nesta co BNG. Nos casos anteriores non lembro que falasen «pantasmas».

Cronoloxía de convocatorias, asembleas e actas relacionadas con este tema:

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Tu que estas más puesto con el tema de los cerdos que tuvimos en la comunidad.¿que te parece que Anxela se haga eco de esta noticia? Anxela Franco Pouso compartió la publicación de Luis Bará Torres.

Paco do Martelo dijo...

De primeiro penso que logo de ter ao seu colega 11 anos como presidente seguimos co monte conveniado e en canto aos porcos como veu á festa a "papalos" igual ten máis información do "negocio", que a xunta reitora da que formo parte como vogal.