jueves, 18 de julio de 2013

Non se pode baixala garda

Incendio forestal en Outes-Freixo de Sabardes

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa do control do lume forestal rexistrado no municipio coruñés de Outes

Segundo estimacións provisionais, que se confirmarán tralo parametrizado, a superficie forestal afectada é de arredor de 50 hectáreas, a maioría de terreo arborado

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa do control do incendio forestal rexistrado no municipio coruñés de Outes, na parroquia do Freixo de Sabardes.

O lume iniciouse ás 00:56 horas desta madrugada e quedou controlado ás 18:10 horas desta tarde. Segundo estimacións provisionais, que se confirmarán tralo parametrizado, a superficie forestal afectada é de arredor de 50 hectáreas, a maioría de terreo arborado.

Nos traballos de control deste incendio participan 2 técnicos, 13 axentes, 29 brigadas, 1 Grumir, 16 motobombas, 2 palas, 5 helicópteros e 2 avións. No incendio tamén están a traballar un total de 26 efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Traballan con 3 camións motobomba, 1 nodriza (para dar servizo ás motobombas) e 3 vehículos de transporte.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Tamén dispoñen da conta de twitter @incendios085 dedicada exclusivamente a ir actualizando a información sobre incendios.

No hay comentarios: