sábado, 20 de julio de 2013

Sentarámonos algunha a falar vez dos terreos ocupados pola base EVA10 no Iroite

Máis dun cento de comuneiros de Salcedo asistiron onte a asemblea informativa
Mónica Irago
Case un ano despois de sernos devoltos os montes expropiados pola Ditadura, coa Democracia foinos expropiado a zona que hoxe ocupa o Escuadrón de Vixilancia Aérea núm. 10. Dende entón que se saiba a Comunidade, non recibiu ren por dita ocupación, xa que ningunha Xunta Reitora (sete dende entón) reclamou unha compensación ou información. Custa menos collelos cartos pola venda da madeira.

Trinta e tres anos despois toca sentarse a falar na procura dunha compensación como fixeron en Pontevedra. Asístenos o mesmo dereito!!!

La Voz de Galicia: Salcedo fixa en 277.500 euros ao ano o canon por manter a Brilat

Os comuneiros advirten de que podían pedir entre 1,2 e 1,8 millóns

Os comuneiros de Salcedo pedirán este mércores ao Ministerio de Defensa o pagamento dun canon anual de 277.000 euros por manter a Brilat no seu actual emprazamento. Esta cantidade supón unha redución dun 40 % da solicitada a finais de maio, uns 450.000 euros, pero aínda está bastante afastada dos 37.000 euros ao ano que inicialmente ofrecía a Administración central.

Deste xeito, tal e como recoñeceu Fernando, presidente dos comuneiros, a reunión do 24 de xullo será clave para o futuro do emprazamento militar. De feito, en varias ocasións da asemblea informativa de onte empregou o termo «definitiva», á vez que deixou claro que «calquera pretensión de dilatar este proceso de negociación por parte de Defensa entenderase como unha falta de vontade para chegar a un acordo».

Neste punto, o dirixente veciñal recordou que, na anterior asemblea da comunidade de montes de Salcedo, outorgóuselle a potestade de convocar mobilizacións ou calquera outra medida de presión no caso de que consideren que Defensa demora o proceso negociador ou, incluso, se observan «algún movemento en contra dos intereses dos veciños».

Engadiu, en calquera caso, que a súa pretensión non é facerse ricos co canon. Neste sentido, remarcou que dispoñen de informes que, en base a valoracións do xurado provincial de expropiación referidas a terreos similares aos da base, lles facultarían para solicitar un canon anual de entre 1,2 e 1,8 millóns de euros. Explicou que das 92,5 hectáreas afectadas polos intereses militares, 32,5 hectáreas corresponderíanse con chan urbanizable. Non en balde, apuntou Fernando, dispoñen de todos os servizos e existen construcións levantadas.

En canto ás 60 hectáreas restantes, estas estarían catalogadas como chan rural non edificable, que tería, xa que logo, unha valoración bastante inferior en función da produción forestal e agrícola.

Fernando incidiu en que o convenio con Defensa permitirá liberar oitenta hectáreas en favor dos comuneiros. A intención é destinar o canon á posta en valor desta parcela, aínda que se cre que non estará convenientemente adecuada antes de 30 anos.

Criticas populares a Lores

Este martes, o pleno municipal de Pontevedra ten previsto abordar de novo a situación da base militar. Onte, Jacobo Moreira anunciou que a súa intención é que Miguel Anxo Fernández Lores abandone o rol de «simple espectador que amosa neste conflito». O portavoz do PP esixe que o alcalde de Pontevedra medie entre Defensa e os comuneiros de Salcedo.

No hay comentarios: