sábado, 7 de septiembre de 2013

Curro da Graña 2013

Curro ou Rapa das Bestas, que se celebra o derradeiro fin de semana de agosto na aldea da Graña (Cures-Boiro), no Chan das Tendeiras.

Na foto o primoxénito amosando o escudo do Nebra C.F, instantes antes de avituallarnos para a longa sesión de fotos e vídeos que nos agardaba.

Os menús que ofrecía a organización consistían nunha carne ao caldeiro ou, un par de chuletóns de becerro criado en liberdade non Chans do Barbanza. Incluía patacas e pan de centeo, todo polo módico prezo de 20 €., e por 4, sardiñas ou xurelos con boroa, mais ollando o que tiñamos diante, preferimos deixalo para outra ocasión. Eu aínda dei conta do meu..., o fillo, non.

No devir da rapa un dos loitadores sufriu un golpe na faciana, a carón do ollo dereito. Por sorte, nesta ocasión, todo quedou nun mero susto.

Até o inicio das carreiras o tempo acompañou moi ben. Porén, co Sol perdendo forza, xa fixo acto de presenza o vento, o que conseguiu que a temperatura baixase ostensiblemente. Por iso, cando visiten a zona cumpre que leven sempre por precaución, roupa de abrigo.

La Voz de Galicia: Os cabalos coquetos do Iroite




















No hay comentarios: