lunes, 27 de enero de 2014

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria da ORGACCMM


ORGACCMM: Circular 1/2014

Pola presente, convócase a Asemblea Xeral Ordinaria da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM), que terá lugar o sábado día 8 de febreiro de 2014 ás 10:00 da mañá no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, e na que se vai tratar a seguinte orde do día:

1. Lectura da acta anterior.
2. Movementos no Censo de Comunidades.
3. Informe de Xestión do 2013.
4. Balance económico do 2013 e cota do 2014.
5. Convocatoria para a elección do representante das comunidades de montes no Xurado Provincial de Lugo.
6. Problemática dos montes consorciados e/ou conveniados.
7. Información sobre o V Congreso Galego de Comunidades de Montes.
8. Calendario para a elección da nova Xunta Reitora da ORGACCMM.
9. Propostas e preguntas.


A continuación celebrarase Asemblea Xeral Extraordinaria, cun único punto na orde do día:
1. Modificación do punto a do artigo 36 dos Estatutos (Pasar o tempo de duración do mandato da Xunta Reitora de 3 a 4 anos).

XANTAR DE IRMANDADE.
Logo da sesión da mañá, celebraremos un xantar de irmandade no Hotel Torres de Núñez. O prezo do xantar e de 29€ por persoa. As comunidades de montes que queiran participar no mesmo, deberán facer o ingreso correspondente na conta da ORGACCMM (NovaGalicia Banco, sucursal de Sabaris-Baiona 2080 5072 64 3040006296). Dito ingreso débese facer antes do dia 5 de Febreiro de 2014, facendo constar o nome da comunidade de montes e o número de persoas.

NOTA:
De cara a facer un estudo, agradeceriamos que nos entreguedes na Asemblea Xeral unha relación escrita das actividades que fai a vosa comunidade de montes (informativas, lúdicas, didácticas......) para dar a coñecer o voso monte veciñal entre os veciños e veciñas e os nenos e nenas en idade escolar.
Agardando contar coa vosa asistencia, recibide un cordial saúdo.
O Presidente.
Xosé Alfredo Pereira Martínez

No hay comentarios: