domingo, 23 de febrero de 2014

Dúas formas de afrontalo futuro comunitario

Se na anterior entrada, de xeito particular un xove, dedicábase á produción de arándanos, esta comunidade tamén vai intentalo, para darlle outro uso e valor ao monte. Agardemos que lles saian mellor as contas que aquí coas dos porcos. Este pensamento non é só meu, se non de moitos comuneiros.
Faro de Vigo: Unha explotación de arándanos ecolóxicos espera producir en Cotobade 18 toneladas ao ano

O delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou onte no concello de Cotobade unha explotación de arándanos ecolóxicos que se vai a instalar en Santa María de Sacos grazas ás axudas do IGAPE. A explotación ocupa 4 hectáreas cedidas pola comunidade de montes e a plantación iníciase en 1,5 hectáreas nas que se investirán 38.700 euros. Os responsables esperan obter unha produción de 18.000 quilos ao ano.
Pola outra parte, nesta outra elaboran un proxecto á dez anos, cando aquí non sabemos o que é iso, de ano en ano, para iso a «chave dos cartos» téñena os reitores, onde: «ellos se lo guisan..., ellos se lo comen».
Faro de Vigo: Os comuneiros de Lourizán deseñan os seus plans de traballo para a próxima década

A comunidade de montes de Lourizán traballa na elaboración do Plan de Ordenación Forestal 2013-2023, un documento que rexerá as súas actuacións ao longo da próxima década. Entre os seus obxectivos figura a "posta en valor do monte comunal" con accións como a reforestación con frondosas, a potenciación da micoloxía e a recuperación dos xacementos arqueolóxicos.

Estas actuacións darán continuidade aos investimentos xa realizados nos dous últimos anos, que superan os 30.000 euros en obras como acondicionamento de áreas de esparexemento para os veciños, limpeza de lavadoiros tradicionais e arranxo de fontes.

No hay comentarios: