viernes, 16 de mayo de 2014

Medio Rural e Mar: Quedan prohibidas as queimas ata novo aviso polas condicións meteorolóxicas

De acordo coa situación actual e as previsións meteorolóxicas para os vindeiros días, as comunicacións e autorizacións de queima carecen de validez

Santiago, 16/05/2014

As queimas de restos agrícolas e forestais quedan prohibidas en Galicia ata novo aviso, tendo en conta as condicións actuais de temperatura e vento e as previsións para os vindeiros días. Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecen de validez.

A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tamén tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohíbe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento.

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural e do Mar pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento.

No hay comentarios: