miércoles, 17 de septiembre de 2014

Vertedoiros ilegais: Eiteiro de Puílla

Cada vez dáme máis noxo pasear polo monte. O sábado con motivo dunha avaría na traída da auga, encontreime con varios vertedoiros, un de residuos sólidos, outro de restos de podas e desbroces e un, o peor, poida que altamente contaminante ao tratarse de latas de aceite e restos industriais. Dado que a zona está próxima á nosa fonte, e que uns metros máis abaixo está un regato que desemboca no río Quintáns, do que o Concello abastece de auga ao Son e a Portosín, procederei a denuncialo ante o Seprona.


Este monte (O Eiteiro de Puílla) pertence á Comunidade de Montes, polo que sentindo moito por se alguén se molesta, deixo esta pregunta: o coche comprámolo para uso particular, incluso por parte de xente allea á Comunidade, ou para controlalo monte?

Como parece que de novo son o malo, por reclamar que se fagan ben as cousas, debo lembrarlle a algúns que á directiva que nos precedeu non se lle permitiu compralo aducindo que era para pasearse, cando pola contra eu aducía que comprándoo a Comunidade aforraría moitos cartos no canto de alugalos para a cuadrilla contra incendios. O que me choca é que ollando o uso que lle están dado agora, esa mesma xente estee tan calada.

Non sei se aquelas verbas miñas constaran en acta, de aí a importancia de recoller as intervencións non só dos presidentes, se non tamén a dos comuneiros e comuneiras.

Para dar cos entullos hai que meterse por unha pista secundaria, que como poderán ollar no vídeo as xestas cóbrena dun lado ao outro. Fai 4 ou 5 anos, con fondos da comunidade limparon cunetas que eran competencia do Concello, deixando as nosas da man de Deus.

Na entrada atopamos con cristais, persianas, madeiras, plásticos e restos de desbroces que como no verán agora a Xunta non deixa queimalos, e no monte, antes teñen que pasar pola zona, pois cárgana no tractor e ao monte.

Se os nosos ancestros o tratasen así, no ano 1994 non se podería "estafar" á comunidade entre todos, aquelas 230.000 Ptas, algúns un pouco máis pola "trampas" que fixeron.

O máis gratificante do paseo foi o cariño que lle tomou á miña deportiva este "guancho".

No hay comentarios: