viernes, 28 de noviembre de 2014

In Memoriam: Juan Manuel Carleos Paz




Dado que o impostor que temos de presidente «leva más de 5 anos no cargo cando o máximo son 4» negóuseme no seu día a celebrar unha asemblea xeral na que quería pedir a anulación desta acta que non implicaba nada para a comunidade, salvo que se nos rehabilitaría ante os comuneiros que non asistiron a esa farsa, véxome na obriga de sacar isto á luz pública, porque certas cousas que me pasaron ultimamente con algunha xente e que compartín coas miñas amizades no meu muro do facebook, son consecuencia de cando xunto co finado de Juan Manuel Carleos e Antonio Romero, formabamos o sector crítico cando esa xente estivo ao fronte da comunidade.

Se a maioría deses asistentes, non tivese prexuízos sociais na nosa contra e até me atrevería a dicir racistas, iso XAMAIS tería acontecido. Sinto ser así de claro, porque se nos crense unha ínfima parte, cando lle deron lectura a esta acta o mínimo que debían era preguntarlles: «Señores que pasou con ese acordo de ir comparar a legalidade dese documento?». Algo que ninguén ousou preguntar. Pola contra unha semana despois xunto cos vogais aprobaron denunciarnos, porén non se atreveron, porque como demostrei anos despois non tiñan razón, xa que até esa, o solar era seu.

A pesar do que reflicte a acta o xuíz foi benevolente con eles, e non lles impuxo ás costas e a pesar de serme aprobado nunha asemblea posterior tódolos que pasaron polas distintas xuntas reitoras, incluída esta, non se dignaron a pagarme, pero si a gozar do ben sen mover un dedo.

Para unha mellor compresión da gravación e identificación dos alí reunidos, nunha próxima entrada publicarei integramente o texto deste esperpento.

Vinte anos despois estes presuntos delitos xa prescribiron, por iso o único que busco e que se rehabilite, de aí o título, a quen xa non está entre nós.

Tamén o fago por aqueles que me acusaron e me seguen acusando de que o local non se fixo antes pola miña culpa, cando XAMAIS intentaron levar a cabo, e o máximo que fixeron algúns só foi por o cartel que ali segue pendurado.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hala, parece que vas a tener por fin tu ansiada asamblea.

Anónimo dijo...

Creí que lo que pasaba y se comentaba de las asambleas de Nebra era un leyenda urbana, pero veo que no.
Leyendo el acta y escuchando la grabación, está claro que se sentían muy protegidos por alguien en la sombra, si no, no se entiende que se atreviesen a tanto. ¿Y ese presidente fue el que demandó al anterior por hacer algo parecido?