sábado, 13 de diciembre de 2014

Se tan legal era o documento (compravenda encuberta) por que a vendedora veuse obrigada a facer ese segundo?

Aquí está a proba de que a doazón non era tan legal como convenceron aos comuneiros e comuneiras, para polos na nosa contra, algo que ese día e ao largo do resto da lexislatura lograron, porque seguiron falsificando máis actas.

Porén por moito que falsificaron a do 21 de maio para ter unha fraudulenta base alegal para denunciarnos, cousa que como se pode ver na anterior entrada conseguiron dos vogais, incluso dos que non estiveron nesa asemblea, non nos demandaron porque terían que explicar como detraendo da comunidade 851.000 ptas., para pagalo solar o puxeron ao seu nome. ¿ou non é iso o que reflicte o documento? O que non entendo é como o Notario, sabendo que era unha compravenda, se prestou a esa... estafa?

A conclusión foi, ou así no lo comunicou xente que confiaba en nós, que acudiron ao avogado para denunciarnos, mais parece que ollando o que había presuntamente advertiunos que desistisen porque descubríaselles o "amaño".

Entendo que sabería que íamos baseala nosa defensa no documento e se levabamos como testemuñas a tódolos presentes, a maioría entraría en contradición co reflectido na acta, ao non poder "adoutrinalos" a todos.

Estes días escoitariades ao presidente de Extremadura pretender vendela casa presidencial o que motivou estas protestas, sen embargo se lle facemos caso a esa acta, os comuneiros estabades de acordo en vender algún día o local, cando uns e outros tiñades que saber que se o solar pasaba a ser como monte común, era inembargable, o que quere dicir que tampouco se podería vender.

A todo isto, onde estaba o "presidentiño" cando nós defendiamos á comunidade e eramos ultraxados? Agardando a que madurasen as uvas!!!
digitalextremadura

No hay comentarios: