domingo, 18 de enero de 2015

Vinte meses sen asembleas e con unha directiva ilegal

Non obstante polo que acabo de descubrir o pasado domingo xunto con outros comuneiros, isto non é impedimento para que arrasen coa escasa madeira que aínda nos quedaba, sen que lles treme a man e ninguén lles poña couto.

O caso é que cando o excelentísimo señor presidente era un simple comuneiro máis, asinábanos contra estas prácticas que levaba a cabo a xente do PP.

Porén cando alcanzou o poder «no seu día legalmente», xa comezou a amosala súa verdadeira faciana, motivo polo que optei por botarme fora, e agora ollando que non ten quen lle tusa, instaurouse nunha Ditadura continúa máis propia de tempos pasados e países comunistas ou bananeiros.

E mentres tanto na asemblea local do BNG miran para outro lado «como mínimo dous reitores son militantes», os seus xefes elaboran panfletos coma estes, oportunamente modificados para amosala súa demagoxia barata.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Individuos así é a que nos dá mala prensa entre a xente, de aí que demasiadas veces escoitemos aquilo de: Todos son iguais. Pretendendo equipararnos ó PP-PSOE. No meu caso afirmo que non tódolos militantes ou simpatizantes do BNG somos así e o vimos demostrando en todo tipo de asociacións onde temos responsabilidades.