lunes, 27 de abril de 2015

Concentración parcelaria de Nebra

Anuncio do DOG nº 76 do 2015/4/23 - Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 6 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade á Resolución do 25 de marzo de 2015 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se modifica o acordo de concentración parcelaria da zona de Nebra (Porto do Son-A Coruña).

O 25 de marzo de 2015 a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural ditou a Resolución de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de Nebra (Porto do Son-A Coruña) que se transcribe a seguir:

«O acordo da zona de concentración parcelaria de Nebra (Porto do Son-A Coruña), foi aprobado pola dirección xeral competente por razón da materia, con data do 14 de marzo de 2005, publicado na forma legalmente establecida, e atópase na actualidade pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Porto do Son solicitou a cesión da titularidade dos predios e para os fins que se indican a seguir:

• Predios nº 6, 950, 1343-2, 1647, 1863 e 2343-2 para zonas verdes e recreativas.

• Predio nº 970 para aparcadoiro.

• Predio nº 1789 para ampliación do punto limpo.

• Predio nº 766 para zona de mantemento de instalacións de subministración eléctrica.

• Predio nº 1349 para ampliación e mellora das instalacións do CEIP de Nebra.

• Predios nº 468, 479, 484, 757, 619, 882, 897-1, 897-2, 930, 957, 983, 1208-2, 1245, 1249, 1293-3, 1431, 1432, 1620, 1648, 1775-1, 1829, 1831, 1925-2, 2038-2, 2049, 2053, 2056, 2144, 2190, 2195, 2199 e 2205 para mellora e conservación dos servizos de abastecemento de auga potable.

• Predios nº 105, 652, 668, 685, 1309, 1754 e 2059 para a creación dun itinerario etnográfico de posta en valor dos muíños.

• Predio nº 298 para un centro de interpretación.

• Predio nº 1977 para conservación do xacemento arqueolóxico.

• Predio nº 1064 para a preservación do cruceiro.

• Predio nº 1213 para a preservación dun hórreo singular.

• Predio nº 686 para área recreativa.

Vista a proposta da xunta local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973; a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro; a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións vixentes de aplicación ao caso.

Á vista dos destinos para os cales se solicitan os referidos predios e respecto dos cales son perfectamente subsumibles no suposto recollido no artículo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral

resolve:

Primeiro. Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Nebra (Porto do Son, A Coruña), e adxudicar ao Concello de Porto do Son a titularidade dos predios nº 6, 950, 1343-2, 1647, 1863, 2343-2, 970, 1789, 766, 1349, 468, 479, 484, 757, 619, 882, 897-1, 897-2, 930, 957, 983, 1208-2, 1245, 1249, 1293-3, 1431, 1432, 1620, 1648, 1775-1, 1829, 1831, 1925-2, 2038-2, 2049, 2053, 2056, 2144, 2190, 2195, 2199, 2205, 105, 652, 668, 685, 1309, 1754, 2059, 298, 1977, 1064, 1213 e 686 -que causan baixa no fondo de terras da zona- para seren destinadas aos fins que se recollen na parte expositiva da presente resolución.

Segundo. Transcorridos cinco (5) anos desde a cesión das propiedades sen que os predios fosen destinados aos fins para os cales son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá sobre o fondo de terras da zona, o patrimonio da Comunidade Autónoma, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou outra entidade que corresponda segundo o caso.

Terceiro. Ordenar que á presente resolución se lle dea a oportuna publicidade sen prexuizo da súa notificación ao Concello de Porto do Son».

Contra a devandita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da recepción desta notificación.

A Coruña, 6 de abril de 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña




No hay comentarios: