sábado, 26 de septiembre de 2015

Bravo impostor agora a culpa toda é de José Manuel

Parece mentira que sendo profesor de Instituto, non saiba contar e interpretalos estatutos. Que parte será a que non entende nos prazos da conovocatoría?: «se hara con un mínimo de diez días de antelación (...) y exponiéndose en el tablón de anuncios del Ayuntamiento». Segundo a data reflectida na convocatoria esta imprimiuse o día 17, polo tanto si cumpriría ese requisito, mais dáse a casualidade que fomos moitos os que non a recibimos nese día, eu en concreto recibina o 21, o mesmo día que como se pode ver foi rexistrada e exposta no Concello.

Se se fixese como antes, cruñala, fotocopiala e repartilas comprobaríase sen lugar a dúbidas, que unha vez máis incumpriu os prazos marcados e iso que aos vogais prometeralles celebrar esta Asemblea o pasado 23 de agosto, despois do que algúns consideran que foi a «presunta estafa» exaltación do porco.

Tema aparte son as responsabilidades que lle atribúe a José Manuel «o secretario» cando nos mesmos estatutos está ben definido, que cargos son representativos na Comunidade fronte a terceiros e que papel simple xoga o secretario.

É certo que, como menciona cando se convocaron eleccións non houbo quórum, mais iso non foi impedimento para que nos embarcase na «aventura» dos porcos, porque nesa Asemblea tampouco o había tal e como critiquei e denunciei aquí.

E se nos remontamos a cando o secretario era eu, non se cortou un un pelo en mareala perdiz, porque el tamén estaba en contra dos Bancos da Igrexa. Punto que repetiu até en 3 asembleas consecutivas no mesmo ano, tendo que claudicar ao final. Ou cando por intereses políticos fixo o mesmo coa cesión do Punto Limpo.



1 comentario:

Jose Luís dijo...

Hai algo que non entendo, ¿como pode escribir que a Directiva dimitiu hai tempo, e non convocou antes as eleccións.
O de que Caseiro sostivo á Parroquia nos seus compromisos e nas súas obrigas, desde fora propoño que sexa digno de estudar por xente que entenda destas cousas máis que min e seguramente que el, porque está visto que carreira terá, pero no demostra para nada.
Se vai tutelar a esa xente para que o faga, como tes escrito, coma el é mellor que non se embarquen nesta aventura.