domingo, 25 de octubre de 2015

Dez anos de presidente e nunca debeu ler os Estatutos

Desde o ano 1999 a Comunidade de Montes tiña como medio de contacto coas administracións, entidades e comuneiros estes números: 679979610 e 659060548. Pois ben, tralas eleccións celebradas o pasado 27 de setembro, o xa ex-presidente e o ex-secretario (que tiñan estas liñas), tomaron a decisión de quedar con eles, tanto cos números como cos terminais. Como ao mellor tanto un como o outro non lle deron un repaso aos Estatutos, neles pon que «a apropiación de bens da Comunidade é unha falta grave». Os Estatutos rexen tanto a comuneiros como reitores e ninguén, nin o presidente, está por riba de eles, como pasou nestas 2 últimas lexislaturas (máis 2 anos extra que se auto-adxudicaron).

Estou seguro que se os novos reitores en vez de ser uns rapaces fose xente maior, non se atreverían a burlarse deles deste modo. Con motivo da Xornada Técnica - Sistemas Silvopastorais en Montes Atlánticos, na que había unha visita programada a onde temos os porcos, un directivo de Asoporcel chamou a un deses números, presentándose alí o ex-presidente, que nese momento non era máis que un simple comuneiro.

No seu día tamén houbo outra apropiación indebida e como os que a descubrimos, daquela eramos uns "rapaces", ninguén nos fixo caso e ao igual que aconteceu con estes ex-directivos, falsificaron a acta onde nos presentamos coa copia desta compravenda encuberta como doazón a nome de 6 reitores. Ningún comuneiro intercedeu por nós e sobre todo porque ese ben pasase a ser da Comunidade, polo que pagaran 851.000 ptas.

Quen o ía dicir que xente do BNG falsificase as actas como fixeran antes os do PP?

Conseguilas probas pertinentes custoume tempo, moverme e pagar avogados e procuradores, mentres todo o mundo descansaba gratamente na súa casa, e á hora de verdade, esta ex-directiva máis a que lle precedeu, negoume ese dereito. Nesta "paifocada" de acta vese o que redactou o ex-vicepresidente. Onde estaban daquela el e eses outros?
Por se non se entende ben o que engade a posteriori a bolígrafo, di isto: Moitos intervintes din que consideran que tamén F.C.G. lle debe á Comunidade, e sosteñen que seguramente, Veliña ou Concha nos quererían facer saber os pormenores da súa posición.

Ou sexa que dous dos implicados nese documento, son os que para el (polo engadido) teñen que decidir o que podo ou non debo cobrar? Igual o que non saben todos é que como non participei na "estafa" da que foi obxecto a Comunidade, cando foi do reparto dos panteóns, eu aínda non cobrei esas 230.000 ptas que se levaron todos.

No hay comentarios: