martes, 8 de diciembre de 2015

Cando os prexuízos están no berce e na ignorancia

Igual as novas xeracións non entendan isto, mais os da miña idade e sobre todo os maiores, sabemos que houbo tempos nos que segundo a "liñaxe" das familias, unhas eran máis apreciadas que outras, como se estivésemos na Idade Media.

Isto vivino na miña, cando era un rapaz e escoitaba como algunha xente cando falaban do finado de meu avó de Resúa referíanse a el despoticamente. Claro que daquela esa xente non me coñecía se non cortaríanse un pouco. Hoxe pásame a min con algúns pequenos que non sei de quen son fillos, salvo se os vexo cos avós.

Quizais por iso e por militar no BNG foi polo que tiven "mala prensa" no seo da Comunidade cando, como fixeron outros, quixen abrirlles os ollos á xente para non tropezarnos coa mesma pedra, e nin eu nin outros o logramos.

Xa desde dentro, por aquilo de que ninguén é profeta na súa terra e polo "pedigree" do ex-presidente, non contei co respaldo dos ex-compañeiros cos que comecei esa nova aventura, tendo que "repregar velas" por querer facelas cousas ben.

Nove anos despois o tempo veume dar a razón, mais pola súa incompetencia e deixa facer, polo camiño perdemos máis de 2 millóns de Ptas, porque no seu día un banco a outros "fíxolles as contas por Muros", e agora xa non lle hai que facer.
Acta da Asemblea celebrada o 16 de decembro de 2007. Aínda que por riba poña "extraordinaria" en realidade tiña que ser Ordinaria ao non celebrarse no seu día e non se celebrar ningunha polo medio entre a miña dimisión e esta na que, en teoría, era para cubrilo baleiro que deixei.

Tomade boa nota da certificación emitida e do reflectido en ambas actas, seguro que vos resultará doado comprobar como neste caso se falseou a realidade.

Este é un dos moitos exemplos polo que non puiden aguantar máis. Xamais me presentei a secretario coa idea de "manipulalas" actas como antes fixeran outros contra min, faltarlle á xente ou mandar á Xunta certificacións falsas.

1 comentario:

Anónimo dijo...

TERÁS PROBAS PORQUE O QUE INSINÚAS É MOI GRAVE.