lunes, 4 de enero de 2016

A min non me dan as contas, ao banco parece que si

En decembro do 94 a comunidade recibe esta oferta do Banco Pastor, cando Banesto ofrecíanos un 8,50%. Nesa importante cantidade un 0,25%, xeraría a maiores no mesmo tempo 125.000 ptas, mais por unha cuestión parecida a un xuíz pareceulle normal que os directivos aceptasen unha oferta inferior (sic).

O 6 de xuño do 95,
obrigados para poder facer fronte ao reparto de 230.000 ptas. entre cada comuneiro, teñen que pechala conta. O estraño é que na contabilidade non aparezan reflectidos os intereses, como si se fixo cando no seu día 25 millóns xeraron 2.062.500, e que días despois traspasáronnos a outra conta.

Sen embargo nas follas 19 e 20 do libro de contas, aparecen os traspasos xunto con esas cantidades engadidas, que se supón son os intereses que
xerou neses seis meses dita conta, que sumándoas dan un total de 221.008 ptas.

Quen fixo as contas non o sei, xa que na información do banco, que non está en Muros pódese ver que non aparecen, algo ilóxico baixo o meu punto de vista.

Querer facernos comungar con rodas de muíño de que esa
astronómica cifra só xerou esa miseria é para botarse a chorar. Polas miñas contas, que coido son tan dignas como as de esa xente, sempre segundo ese contrato, faltaríanme 1.349.218 ptas. Se estou trabucado non terei inconveniente en recoñecelo.

Igual moita xente non sabe que a unha directiva fíxoselle unha auditoría desde o ano 1996 e non desde agosto de 1995, que foi cando tomaron posesión do cargo. Por que pasaron por alto eses 5 meses? Iso deberían explicalo os responsables.

Eu digo que se daquela miraran, e as miñas contas fosen reais, estaban a tempo de recuperar algo. Agora é escribir por escribir, porén verdade non hai máis que unha.

Que os bancos XAMAIS perden témolo neste caso que por ese descuberto de 75 céntimos por 6 días, a unha familia necesitada cobráronlle 39 euros.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Mi madriña, por cancelar a conta antes de tempo deixastes de ingresar 4,125.000 pesetas, o que hoxe serian 24.791,75 euros, e sen precisar cortar madeira.

Esa cantidade hoxe en día non a temos na nosa comunidade e seguramente en moitas.

Paco do Martelo dijo...

Boas, en parte ten vostede razón, mais téñolle que puntualizar isto.
Daquela Facenda quedábase directamente co 25% de esa cantidade ou o que é o mesmo con 1.031.250.
Con todo iso, podíamos ingresar esta substanciosa cantidade 3.093.750, que pasadas a € serian 18.593,81.
A día de hoxe non sei se os haberá na contabilidade da Comunidade, e ao contrario que daquela hoxe non temos nada que vender.
Na próxima Asemblea Xeral que se celebre se dan o estado de contas, xa se verá o que temos.