lunes, 14 de marzo de 2016

Facendo amigos co monte das comuneiras e comuneiros

Na reunión da Mancomunidade de Montes Serra do Barbanza do pasado 5 de marzo, veuse claramente que o noso ex-presidente non accedeu ao cargo para defendelos nosos intereses, á vista de como lle molestou que a nova xunta reitora validase a súa nefasta xestión cando no seu día a cambio de nada cedeu 300 Has. do NOSO MONTE a unha nova asociación de gandeiros sen pasalo pola Asemblea Xeral, botándolle a culpa á xente do Distrito IV que non estaban presentes para poder desmentilo.

Como era a primeira vez que acudía a unha asemblea despois de que deixase o cargo de secretario por non aceptar as súas cacicadas, apetecíame comprobar por min mesmo se dirixía a reunión como as facía aquí. É á vista de como se desenrolou todo a partir dun punto, poucas diferencias lle vin, só que algúns representantes das outras comunidades teñen máis táboas que algunha xente da parroquia. Con todo iso non comprendo como aínda non lle pediron a dimisión, xa que agora non deixa de ser máis que un comuneiro raso.

Non era a miña intención tomala palabra xa que Nebra estaba representada polo presidente e o secretario e tamén descoñecía que acordaran só intervir un representante pola comunidade. Con todo iso, segundo ía escoitando as intervencións funme quedando con pequenos cousas, como que noutras comunidades a Xunta non autoriza cortas sen estar aprobadas antes nas súas asembleas, mentres aquí cortouse sen aprobalas e comunicadas, e, como me lembrou un comuneiro, de unha non deron as contas.

O colmen chegou cando o actual presidente da Comunidade de Nebra lles esixiu unha desculpa aos que o acusaron de, segundo el sen fundamento (créollo), nunha reunión na Consellería estar en contra dos peches e entre ese tirapuxa, estoupei dicindo: «como ía estar en contra se na primeira asemblea que convocou o que fixo foi legalizalo que ás nosas costas aprobara o ex-presidente?»

Iso foi algo que lle molestou e a outra foi que os gandeiros, sabedores que tiñan o peche ilegal, levaban a falar con el 2 anos para que o presentara á asemblea e non estar nun "limbo". Aí foi cando soltou que non lle gustaban as compartidas que se lle propuxeron (e aceptaron) pola cesión, aducindo que el era partidario de cederllo "gratis", e que se non se aprobara foi porque non o levara á asemblea. Magoa que cando acudiu na que se se debateron e se aprobou a cesión non tomase a palabra para que tódolos presentes escoitasen e soubesen como pensaba, a ver se por unha vez algúns caian da burra.

Despois de todo isto e moito máis que alí non viña a conto (entendo porque o tesoureiro renunciou ir, e iso que só foi a unha e xa lle chegou), pola miña parte tampouco penso repetir, mentres non haxa unha remoción seria e saber cantas comunidades estamos adscritas. Ese día fixo un baile de cifras que non coincide coas que dixo na Pobra, argumentando que representaba a 10 ou 12 comunidades. Iso non é serio. En marzo do 2015 actualizaron o censo e debería saber cantas Comunidades están ao abeiro da Mancomunidade de MVMC Serra do Barbanza.

Catro comunidades de montes abandonaron Serra do Barbanza: (04/2013) «O presidente de Serra do Barbanza, Santiago Suárez, sinalou que esta especie de decepción existente coa mancomunidade ten bastante que ver co feito de que a Xunta non apoie este tipo de entidades nin os proxectos que abandeiran».
A culpa ninguén a quere, e sempre será dos demais.


O 6 de xullo de 2014, o citado peche xa estaba levantado e con animais dentro.
O 5 de outubro de 2014, inmortalicei con varias fotos esta corta nos lindes con Noal.
O 6 de xaneiro de 2015, descubrín que Fenosa á vista da madeira cortada presuntamente ampliou a franxa de ocupación do paso de esta liña, sen que houbese explicacións.  
Estas foron tomadas o 10 de xaneiro de 2015, na zona de A Belga, onde se efectuou a última corta e rarea.

No hay comentarios: